Pablo Iglesias (PODEMOS) desconsidera a Galiza como nación

m1

GALIZA | Na intervención no Congreso con motivo da moción de censura, Iglesias avogou polo recoñecemento como nacións de Euskadi e Cataluña, mais non mencionou a Galiza. Nas redes, as críticas á ausencia do noso País no debate foron constantes.

Ao longo dos dous días de debate da moción de censura a cuestión da ausencia da Galiza como nación nun momento de tanta trascendencia política, foron numerosas. O contraste co papel determinante das forzas nacionalistas de Euskal Herria e Cataluña e mesmo co labor que durante anos exerceu o BNG, estaba en todas elas. En moitos casos acompañadas de críticas á esquerda española e ao papel subordinado de En Marea a Podemos.m8

Precisamente, o portavoz do subgrupo de En Marea, Fernán Vello, criticou Feixoo na súa intervención por ter exercitado políticas que terían “rebaixado o status de nacionalidade histórica de Galiza”, segundo recolle o dixital Sermos Galiza. No entanto, pasou por alto que o seu xefe de Grupo, Pablo Iglesias, desconsiderou claramente a condición da Galiza como nación, reclamando ese recoñecemento só para Euskadi e Cataluña.

A falta de mención á Galiza non é cuestión menor, pois vense reiterando nas intervencións do líder de Podemos. Aliás, a diferenza de ERC, PdCAT, PNV ou mesmo Compromís, En Marea non xogou ningún papel nas conversas e negociacións para a moción de censura, pois dado que non conforman un grupo nin fan parte do Mixto, ese rol correspondeulle directamente a Pablo Iglesias. De feito, Pedro Sánchez non respondeu ás cuestións que formulou Fernán Vello e limitouse a lle agradecer o voto favorábel.

Segundo recollen algunhas informacións xornalísticas, a intervención de Pablo Iglesias tería provocado descontento nalgúns sectores de En Marea. Preguntado Villares, reduciu o asunto á condición de “lapsus”.

m6

m7

 

m2.png

m5.png

m4.png

m3

 

 

 

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s