BNG condena feminicidio de Becerreá e pide medidas radicais

SV

SOCIAL | Ven de reclamar no Parlamento da Galiza un plan de medidas urxentes contra a violencia machista, rexeitado polo PP. Chama a participar masivamente en todas as convocatorias e actos públicos que foren convocados desde o feminismo ou calquera instancia.

 

O BNG reitera a repulsa contra todas as formas de violencia exercidas contra as mulleres que teñen no asasinato a expresión máis extrema, tras coñecer un novo caso de terrorismo machista que acabou coa vida dunha muller no concello de Becerreá.

A secretaria de Acción Feminista do Bloque, Noa Presas, subliñou que “o feminicidio é o último chanzo nunha escalada de violencia progresiva contra a muller” polo que considera unha cuestión de supervivencia para as mulleres “involucrar toda a sociedade e todas as institucións para pór fin ao permanente estado de alarma en que vivimos instaladas as mulleres polo único feito de sermos mulleres”.

O BNG continuará a exixir que as institucións e poderes públicos radicalicen a toma de medidas urxentes para avanzar na prevención incrementando orzamento, persoal e recursos existentes. Presas reiterou “a necesidade de modificar a Lei Integral contra a Violencia de Xénero para introducir o termo feminicidio e iniciar os traballos correspondentes para o desenvolvemento dun Estatuto de vítima do feminicidio”.

Así mesmo, o Bloque pon en valor a importancia fundamental que ten a mobilización social contra a violencia machista para a súa visibilización e a toma de conciencia colectiva sobre esta lacra. Por isto, chama a participar masivamente en todas as convocatorias e actos públicos que foren convocados desde o feminismo ou calquera instancia.

Esta mesma semana, o BNG defendeu no Parlamento galego por medio da deputada Carme Adán o lanzamento dun plan urxente de medidas contra a violencia machista, e propuxo igualmente que o chamado salario da liberdade sexa unha liña de axudas operativa todo ano para as mulleres maltratadas. Ambas propostas foron rexeitadas polo PP.

Presas recordou a agresión homófoba en Santiago de Compostela, que insta a condenar acudindo á convocatoria de mañá venres ás 12:00 na praza do Obradoiro. “A violencia patriarcal non ten cabida no mundo que queremos construír e denunciaremos as súas formas en todos os espazos posíbeis”, concluíu.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s