Galiza

BNG: “Galiza precisa máis do que nunca un proxecto nacionalista”

O Bloque Nacionalista Galego acordou na XV Asemblea Nacional dirixirse a todas as forzas políticas de obediencia galega para lles propor conformar unha candidatura nacionalista paras as próximas eleccións, co obxectivo de sumar en chave de País e derrotar o PP. Nesta terza feira (22) decorreu a reunión entre BNG e Anova, que serviu para certificar estratexias diferentes.


 

Compostela Aberta rexeita condenar políticas imperialistas que xeran drama refuxiad@s

O Grupo Municipal do BNG propuxo retirar todas as bandeiras europeas dos edificios institucionais do Concello de Santiago e condenar a guerra promovida por Occidente que provoca “dramas humanos inceptábeis á altura do século XXI”. Compostela Aberta rexeitou esta proposta e preferiu deixar a bandeira europea a media hasta.


 

BNG protesta contra imperialismo dos EUA e UE, responsábeis da crise d@s refuxiad@s

A frente nacionalista organiza un acampamento simbólico na Coruña, rodeado de arame farpado, para denunciar o acordo UE-Turquía de expulsión das persoas refuxiadas, mais tamén as políticas imperialistas, de guerra e destrución, que está na orixe do drama humano. 


 

UPG participa en encontro internacionalista no México

Entre os días 10 e 12 de marzo decorreu na cidade de México o XX Seminario Internacional “Os partidos e unha nova sociedade” que organiza o Partido do Traballo do México e que reúne anualmente numerosos partidos comunistas e anti-imperialistas da América Latina e do mundo . Como en anos anteriores, participou no encontro a Unión do Povo Galego, representada por Duarte Correa.


 

BNG inicia nova etapa co obxectivo de reimpulsar o nacionalismo

Neste sábado, 12 de marzo, ficou constituído o novo Consello Nacional do BNG coas persoas eleitas na Asemblea Nacional e nas comarcas. O órgano de dirección aprobou as bases do proceso de refundación que, segundo Ana Pontón, ten como obxectivo “ampliar a militancia e a base social e resituar o BNG como a referencia fundamental para a derrota do PP”.


 

Galiza Nova chama a mocidade a participar nas mobilizacións da CIG

A organización xuvenil nacionalista apela a se rebelar contra o desemprego, a precariedade e a emigración, e a saír ás rúas para participar neste 10 de marzo nas convocatorias realizadas pola CIG con ocasión do Día da clase obreira galega.


 

BNG insta Feijoo a explicar o fiasco do concurso eólico e o ‘caso Baltar’

O portavoz parlamentar, Francisco Jorquera, lamentou que unha vez máis o Presidente da Xunta rexeitase comparecer. Tamén anunciou que no vindeiro pleno culminará o trámite da Proposición do BNG para transferir a AP-9 á Xunta da Galiza. “Agardamos que o Partido Popular vote o mesmo e Madrid que no Parlamento galego”.


 

ERGUER inicia a actividade con asembleas e presenza nas redes

A nova organización estudantil galega, constituída o pasado 5 de marzo, inicia a actividade con asembleas de presentación en diferentes cidades ao longo da semana e cunha importante presenza nas redes sociais. Queren dar a coñecer os obxectivos e as resolucións da Asemblea Constituínte.


 

Ana Pontón: “Somos a nación en marcha”

Nunha comunicación á militancia, a nova Portavoz Nacional sitúa o BNG como a “orgullosa expresión política […] da esperanza colectiva que cada día se autodetermina e decide ser, decide non renunciar, decide existir con vocación de futuro”. Chama ao activismo entre a sociedade “para defender as nosas alternativas”.


 

ERGUER. Estudantes da Galiza, nova organización estudantil galega

Neste sábado, 5 de marzo, decorreu en Compostela a Asemblea Nacional Constituínte da organización que nace da unificación dos Comités Abertos, Liga Estudantil Galega e Agir. Tamén participaron persoas que non pertencían ás organizacións existentes mais que se incorporaron desde as asembleas abertas realizadas por todo o País.


 

Ana Pontón: “Somos a nación en marcha”

Nunha comunicación á militancia, a nova Portavoz Nacional sitúa o BNG como a “orgullosa expresión política […] da esperanza colectiva que cada día se autodetermina e decide ser, decide non renunciar, decide existir con vocación de futuro”. Chama ao activismo entre a sociedade “para defender as nosas alternativas”.


 

Nace a nova organización estudantil galega unida

A Asemblea Constituínte, que se realiza sob a palabra de orde Libera e transforma Galiza desde as aulas, decorrerá sábado, 5 de marzo, en Santiago de Compostela. Após meses de colaboración, AGIR, Comités e Liga Estuadantil dan o paso definitivo para a unidade orgánica.


 

CIG denuncia que a pobreza na Galiza ten rostro de muller

“Inactividade, desemprego, eventualidade, empregos a tempo parcial, fenda salarial, economía somerxida e infrasalarios”. Así resumiu Margarida Corral, Secretaria das Mulleres da CIG, a situación laboral que padecen a maioría das traballadoras galegas. 


 

Ana Pontón: “Haberá papeleta nacionalista nas eleccións galegas”

Foi electa con 87,5% dos votos e tórnase a primeira muller que exerce a Portavocía Nacional do BNG. A Asemblea acordou por ampla maioría manter unha proposta nacionalista nos futuros procesos electorais.


 

En Marea, albo de críticas por non defender os intereses da Galiza en Madrid

A ausencia de propostas en relación á Galiza e a subordinación a Podemos está a motivar numerosas críticas á representación de En Marea nas últimas semanas. Anova tivo que recoñecer que actúan “sen autonomía nin voz propia”.


 

Galiza Nova denuncia o ‘acordo españolista e neoliberal’ entre PSOE e Ciudadanos

A organización xuvenil nacionalista salienta que “só na ruptura con España e coa ditadura dos mercados, erguendo unha Galiza soberana” será posíbel dar resposta ás problemáticas que condenan a mocidade galega á emigración e á precariedade.


 

Jorquera acusa Feijoo de ‘ollar para outro lado’ coa corrupción do PP

O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera preguntou a Feijóo cando pensa dar explicacións sobre “as súas amizades perigosas”,  as fotos que as confirman e os casos de corrupción continuada no Partido Popular.


 

BNG celebra que a contestación social faga recuar o PP coa Lei de acuicultura

O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, afirmou que a lei puña o noso mar ao servizo das grandes multinacionais de acuicultura e cualificou de “triunfo do sector” e da presión política e social a retirada do anteproxecto da Lei.


 

CIG-Ensino denuncia que a Xunta aproveita o Concurso de traslados para eliminar vagas

A Consellaría non incorpora 634 vagas procedentes de xubilacións. O sindicato nacionalista exixe que saian a concurso todas as vacantes que neste momento están creadas, funcionando e non cubertas por profesorado definitivo.


 

Montse Prado (BNG) cualifica de ‘fraude democrática’ a prórroga de ENCE

Denuncia a conexión con cargos do PP como o ex-Conselleiro, Carlos del Álamo e a ex-Ministra, Isabel Tocino, membros do Consello de Administración da empresa.


 

Ana Pontón será candidata a nova Portavoz Nacional do BNG

O Consello Nacional do BNG aprobou a proposta de candidatura a presentar na XV Asemblea Nacional. Ana Pontón, actual vice-portavoz do BNG no Parlamento da Galiza encabeza a listaxe dunha dirección moi renovada.


 

Jorquera: “O PP regala a Ría de Pontevedra a unha empresa privada”

O portavoz parlamentar do BNG pediu explicacións a Feijoo sobre o convenio asinado pola Xunta que rebaixa até 60% a taxa que paga ENCE por usar o Porto de Ribadeo. “Para facer un favor a ENCE”, afirmou Jorquera, “perdemos medio millón de euros ao ano”


 

Avanza a unidade das organizacións estudantís galegas

Asemblea constituínte da nova organización decorrerá a 6 de marzo.


 

 

Anúncios