Deputad@s de En Marea aplauden de pé discurso de Iglesias en que ignora Galiza

 

Ap 2.png

As 5 representantes de En Marea aplaudindo o final do discurso de Iglesias

GALIZA | No día após a aprobación da moción de censura a Raxoi diversos medios recolleron o ‘profundo malestar’ ou ‘irritación’ do subgrupo de En Marea no Congreso polo feito de Iglesias non ter mencionado a Galiza como nación ao lado de Euskadi e Cataluña. No entanto, as imaxes da sesión mostran como os cinco deputados e deputadas se poñen de pé para aplaudir o discurso do líder de Podemos.

 


VER TAMÉN

Pablo Iglesias (PODEMOS) desconsidera a Galiza como nación


 

As imaxes da sesión recollen mesmo os aplausos do deputado pola Coruña Antón Gómez-Reino, Tone, á referencia concreta a Euskadi e Cataluña como nacións que deben ser recoñecidas en que Iglesias non menciona a Galiza.

Lembramos que a falta de consideración da Galiza como nación por parte de Iglesias xerou numerosas críticas nas redes sociais. Ao fío desas reaccións, e segundo recolle o dixital Sermos Galiza, a deputada Alexandra Fernández publicou un tuit en que afirma que “Tras escoitar o discurso dos 4 principais partidos españois queda claro que desta crise do modelo territorial todos están de acordo en eliminar o recoñecemento de Galiza como nación”.

O chío da deputada foi respondido por Mario López Rico, membro do Consello das Mareas afín a Luís Villares, afirmando que “O que foi mais indecente foi PIT (en referencia a Pablo Iglesias) excluindo Galiza a seguido de Euskadi e Cataluña cando cita as nacións”.

Ap4

O Portavoz de En Marea, Luís Villares, tentou tirar ferro á ausencia de referencia á Galiza no discurso de Pablo Iglesias ao considerar que se tratou dun “lapsus” por parte do líder de Podemos.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s