Constituída a plataforma SALVEMOS O IRIBIO, para defender a serra do Courel
ADEGA convoca xornada para eliminar eucaliptos na Eira da Xoana
Domingo, 13 de marzo, a asociación ecoloxista quere continuar cos labores iniciados o pasado ano para erradicar os eucaliptos dos montes que a Fundación EIRA ten en custodia. ADEGA salienta que esta actividade se insire dentro da campaña en defensa do bosque autóctono.
UdC e ADEGA organizan unha Xornada de bioconstrución
Decorrerá cuarta feira, día 2 de marzo e consistirá na visita a proxectos experimentais de edificación sustentábel, bioclimática e mesmo de mobiliario urbano. A xornada comezará ás 15.30h coa recepción das persoas asistentes na da Facultade de Economía de Empresa da UdC.
ADEGA cualifica de fraude a planta de compostaxe de SOGAMA
Serán investidos 4 millóns de euros nunha planta que, a xuízo da asociación ecoloxista, non vai facer compost. Sería necesaria unha recollida separada da materia orgánica do resto das fraccións, que non prevé SOGAMA.
Lanzan STOP EUCALIPTO, AVANTE CARBALLO!
ADEGA e máis vinte entidades ecoloxistas reclaman preservar os bosques autóctonos.