Jorquera: “O PP regala a Ría de Pontevedra a unha empresa privada”

Paco Jorquera PG

GALIZA | O portavoz parlamentar do BNG pediu explicacións a Feijoo sobre o convenio asinado pola Xunta que rebaixa até 60% a taxa que paga ENCE por usar o Porto de Ribadeo. “Para facer un favor a ENCE”, afirmou Jorquera, “perdemos medio millón de euros ao ano”

O portavoz parlamentar do BNG preguntou a Núñez Feijoo se está disposto a rectificar e escoitar o clamor de Pontevedra contra a prórroga de 60 anos a ENCE. “Pola pasta” dixo o nacionalista, “un goberno en funcións entrega o dominio público da ría a unha empresa privada para que gañe 2.000 M€.

Francisco Jorquera  pediu explicacións ao presidente sobre o convenio asinado pola Xunta que rebaixa até 60% a taxa que paga ENCE por usar o Porto de Ribadeo e afirmou que para  facer un favor a ENCE, con este convenio, “perdemos medio millón de euros ao ano”.

A prorroga de ENCE, insistiu o deputado, é todo un exemplo de para quen goberna o PP, “aos mariñeiros do cerco coas portas no nariz e a ENCE, portas xiratorias”. Acusou Feijoo de supeditar o interese xeral ao dun consello de administración en que están colocados Isabel Tocino, Carlos del Álamo e “outros amigos”.

Tras a resposta do presidente da Xunta xustificando a prórroga advertindo da perda de postos de traballo en caso de non a conceder, Jorquera pediu a Núñez Feijóo que non siga utilizando o “emprego como coartada” xa que ENCE  é o sector nº 20 na xeración de emprego en Pontevedra, “ENCE, destrúe máis emprego do que crea” recalcou.

Lores: “ENCE mantén un fío directo co Partido Popular e as cloacas do Estado”.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da concelleira Carme da Silva e do representante do Movemento veciñal, Juan Loureiro asistiu ao debate da pregunta de Francisco Jorquera ao presidente Feijóo. Tras o debate, Lores manifestou que os galegos “regalamos  ao ano cinco millóns de euros en auga a ENCE”.

Lores acusou o Partido Popular de “servilismo ao poder económico” e sinalou que agora volve a condenarnos á contaminación 60 anos máis “cheirando un fedor horríbel”. Sobre os empregos que crea ENCE, o alcalde de Pontevedra afirmou que é “unha porcentaxe mínima” fronte ao que destrúe noutros sectores produtivos.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s