Local

Serafín Otero: “O nacionalismo vai recuperar o apoio popular en Vigo”

O BNG de Vigo elixiu nova dirección local, encabezada por Serafín Otero e integrada por 27 persoas, de entre as que un terzo é de nova incorporación. Otero anunciou que van traballar intensamente, “propoñendo alternativas concretas e empurrándoas desde abaixo, co pobo” e garantiu que alí onde estiver o BNG “vai haber unha voz firme en defensa da veciñanza de Vigo e do noso país”.


 

BNG advirte imprevisión e ineficacia na xestión do goberno de Compostela

Rubén Cela prevén de que no próximo 14 de marzo finaliza o contrato de xestión dos centros socio-culturais, sen posibilidade de prórroga e sen que o goberno municipal de Compostela Aberta teña previsto nada. Este caso vén a se sumar a outros anteriores de imprevisión como o das garderías municipais, o dos comedores escolares ou o do arranxo das numerosas fochancas existentes nas rúas da cidade.


 

Anúncios