Social

Día das mentiras: “No primeiro de abril van os burros onde non deben ir”

O día 1 de abril é na tradición galega o ‘Día dos enganos’ ou ‘Día das mentiras’, a ocasión para facer brincadeiras ás amizades ou divulgar falsas noticias para gozar coa confusión das persoas crédulas. Unha data para recuperar plenamente para a celebración  popular frente á preeminencia, hoxe evidente, da tradición española do ‘Día dos santos inocentes’.


 

BNG da Coruña condena brutalidade policial contra seareir@s do Deportivo

Avia Veira, Portavoz do BNG no Concello da Coruña, solicita unha entrevista co Delegado do Governo na Galiza para reclamar explicacións pola brutal carga policial contra os seareir@s deportivistas acontecida o pasado sábado, 19 de marzo, diante do hotel en que estaba concentrado o Dépor antes do partido co Levante.


 

CIG-Ensino e AS-PG dedican xornada monográfica á obra de Manuel María

 No momento en que as Xornadas de Lingua e Literatura completan vinte e cinco anos de encontros didácticos ao redor da lingua e da nosa produción literaria, as entiddes organizadoras dedican este ano ao estudo da obra de Manuel María. A xornada, orientada especialmente para o ensino, será 9 de abril na Casa-Museo de Outeiro de Rei.


 

Estudantes dos Países Cataláns saúdan nacemento de ERGUER-Estudantes da Galiza

O Sindicat d’Estudiants del Països Cataláns (SEPC) fixo pública unha comunicación trasladando os parabéns ao estudantado galego polo proceso de unidade de que xorde ERGUER e salienta que, para alén das loitas inmediatas no ámbito estudantil, “a loita pola independencia das nosas nacións é tamén un vínculo que une as dúas organizacións”. 


 

BNG chama a se mobilizar contra o acordo para expulsar as persoas refuxiadas

A frente nacionalista propón tamén retirar as bandeiras da UE das institucións públicas en sinal de protesta polo acordo con Turquía. O alcalde Miguel Fernández Lores foi o primeiro en arriar a bandeira europea no Concello de Pontevedra. Ana Pontón denunciou as políticas imperialistas que provocan este drama.


 

Decorreron en Vigo as II Xornadas feministas, organizadas por Isca!

Palestras e talleres permitiron debater sobre identidades sexuais e afectivas, a muller no mundo do traballo ou a implicación política, co exemplo das mulleres curdas. Foi no sabado, 12 de marzo, no Local Social ‘A Faísca’.


 

Millares saen á rúa coa CIG no Dia da clase obreira galega

Sob a palabra de orde “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”, millares de persoas participaron nas asembleas, concentracións e manifestacións convocadas pola central nacionalista neste 10 de marzo. As mobilizacións foron apoiadas polo BNG e por Galiza Nova.


 

8 de marzo: actos e mobilizacións para reclamar igualdade real

Para alén da manifestación que percorreu as rúas de Compostela domingo pasado, o Día Internacional das Mulleres vén marcado por diversas mobilizacións e por actos que poñen o foco na desigualdade que persiste en moitos ámbitos da sociedade e na necesidade de continuar a loitar pola igualdade real.


 

CIG convoca mobilizacións no Día da clase obreira galega

As marchas de 10 de marzo decorrerán so o lema ‘Reforma laboral e Lei Mordaza, anulación xa!’ O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo cualifica o goberno do PP de “incompetente” e considera “insultante” que intente agochar a realidade laboral e social existente na Galiza.


 

Identidade sexual, homofobia e violencia de xénero, a debate en Compostela

Será nunha Xornada organizada pola CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) que decorrerá no sábado, 5 de marzo, no IES As Fontiñas de Santiago. As relatoras son expertas e activistas dos dereitos da mulleres e LGTBi.


 

CIG-Ensino e AS-PG organizan xornada sobre identidade sexual, homofobia e violencia de xénero

O encontro decorrerá no sábado, 5 de marzo, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela e nel participarán expertas e activistas dos dereitos das mulleres e LGTBi .


 

 

Galiza Nova exixe expulsión da USC de profesor machista

O profesor da Faculdade de Económicas, Luciano Méndez, foi denunciado por seis alumn@s por comportamento machista e vexatorio con unha alumna. El propio recoñeceu os feitos.


 

Anúncios