CIG, perto de se situar como primeira central sindical da Galiza

seixo3

SINDICAL | Con 4.259 delegd@s  e 27,6% de representantes, supera CC.OO e aproxímase da UGT

A CIG é o único sindicato -dos tres maioritarios- que incrementou a representatividade nos últimos catro anos (2012-15). Consegue 4.259 delegados/as, 27,6% dos electos, 304 máis que CCOO e a 162 da UGT. É ademais primeira forza nas comarcas de Vigo, Pontevedra e Ferrol e nas federacións de Administración, Saúde, Ensino e Industria e segunda na Coruña, Santiago e Ourense.

O secretario xeral, Suso Seixo, mostrouse satisfeito e asegurou estar “diante dun importante éxito e recoñecemento do traballo feito pola nosa central sindical”.  Valorou especialmente que estes resultados se alcancen “nunha situación social e laboral moi dura para a clase traballadora galega” por mor dos altos índices de desemprego; coa emigración de miles de galeg@s; a caída dos salarios; o incremento da precariedade e da flexibilidade laboral e o debilitamento en xeral da clase traballadora fronte á patronal, como consecuencia da crise económica e das profundas contrarreformas laborais levadas adiante polos gobernos españois nos últimos anos.

LER MÁIS en AVANTAR

 

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s