ADEGA cualifica de fraude a planta de compostaxe de SOGAMA

sogama

AMBIENTE | Serán investidos 4 millóns de euros nunha planta que, a xuízo da asociación ecoloxista, non vai facer compost. Sería necesaria unha recollida separada da materia orgánica do resto das fraccións, que non prevé SOGAMA.

O recente anuncio por parte da Xunta-SOGAMA da licitación dunha “planta de compostaxe” por 3.940.000 euros (+ IVE) que a entidade pretende instalar ao carón do macro-vertedoiro da Areosa, suscita serias dúbidas sobre a natureza e a legalidade do proxecto.

O sistema de recollida de SOGAMA non permite seleccionar separadamente en orixe a materia orgánica, xa que vai misturada co “resto” no contentor verde. Xa que logo, os eventuais residuos orgánicos a tratar nesta suposta planta serían os que chegan misturados con todo tipo de rexeitos no contentor verde desde as empacadoras.

ADEGA entende que o proxecto incumpre a legalidade galega, estatal e europea e lembra aos responsábeis da Xunta e de SOGAMA que a actual Lei de Residuos 22/2011 (Art. 2) define o compost como “emenda orgánica obtida a partir do tratamento biolóxico aerobio e termófilo de residuos biodegradábeis recollidos separadamente. Non se considerará compost o material orgánico obtido das plantas de tratamento mecánico biolóxico de residuos mesturados, que se denominará material bioestabilizado”.

Conclúe ADEGA que sen recoller separadamente a materia orgánica do resto das fraccións estaríamos diante dunha fraude, pois o produto resultante non podería ser considerado compost. Garante a asociaicón ecoloxista que “calquera outro sistema ou procedemento para tratar a materia orgánica dos refugallos non separada previamente, non pode denominarse compostaxe, nen o produto resultante compost”.

LER MÁIS na WEB DE ADEGA

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s