DEREITOS | Terza feira, 8 de febreiro, tivo lugar unha brutal agresión homófoba a unha persoa en Compostela. A organización xuvenil nacionalista súmase á condena do ataque e de “todas as formas de violencia mediante as cales o sistema heteropatriarcal nos oprime”.
Galiza Nova recolle o relato dos feitos realizado para o Sermos Galiza polo compañeiro do agredido, que demostra o ensañamento e a intención manifesta de exercer “violencia contra a liberdade sexual”. Considera a organización xuvenil que este acto homófobo constata que “nunha sociedade aínda dominada polo heteropatriarcado, está aceptada socialmente a violencia contra as persoas LGTBi” e destaca que o feito de ser trans, gai ou muller significa “vivir en tensión continua en situacións tan correntes coma camiñar tranquilamente pola rúa”.
Reitera Galiza Nova “a implicación e fondo compromiso coa loita polos dereitos de identidade de xénero e de liberdades sexuais” e reivindica poder “camiñar libres e tranquil@s”.
LER MÁIS na WEB DE GALIZA NOVA