Galego certo


Galego certo (2): *A partires de hoxe direi sempre ‘a partir de’ (e ‘a pesar de’)

Non é infrecuente escoitar na radio, en intervencións públicas, conversas e mesmo por escrito, as expresións *a partires de e *a pesares de. Son incorrectas, hipergaleguismos que temos que evitar. O correcto é ‘a partir de’ e ‘a pesar de’. De paso, prestemos atención a estoutras expresións: ás veces, ás presas, á parte…


Galego certo (1): É *convinte? Non, non é *convinte. É ‘conveniente’

Entre os erros máis habituais, resultado da interferencia do español, está *convinte. Trátase dun ‘hipergaleguismo’ que aparece como consecuencia de procurar a diferenza -neste caso desnecesaria- co español e formado por similitude con palabras como saínte ou seguinte. O correcto é conveniente, como tamén inconveniente.


Galego certo (0): Non diga *plantexar, diga formular

Iniciamos aquí a publicación dunhas notas con algúns consellos que visan contribuír para evitarmos erros habituais na lingua empregada na comunicación pública e para mellorarmos o galego que empregamos no dia a dia. Comezamos cun dos castelanismos máis habituais:*plantexar.


 

Anúncios