Convocadas concentracións contra o feminicidio e a homofobia

mACHISMO

SOCIAL | O brutal asasinato de Ana pola súa parella en Becerreá motiva mobilizacións de condena e para reclamar medidas eficaces para deter os feminicidios. Protestas tamén contra a agresión homófoba que aconteceu terza feira en Compostela.

O movemento feminista convoca concentracións de protesta en todo o País polo asasinato machista de Becerreá e para reclamar da administración medidas políticas decididas e urxentes que permitan parar os feminicidios.

As mobilizacións decorrerán sábado 13 ás 20 horas nas cidades e lugares a seguir:

Santiago de Compostela, na Praza 8 de marzo (Porta do Camiño)

A Coruña, no Obelisco

Vigo, no MARCO

Ourense, na Castañeira (Subdelegación)

Ferrol, na Praza Maior

Lugo, na Praza Maior

Pontevedra, diante da Audiencia

O Carballiño, na Praza Maior

Vilalba, na Praza da Constitución

No Val Miñor será ás 18 horas no Parque da Ramallosa.

CONTRA A HOMOFOBIA

HomoTamén foron convocadas concentracións para denunciar a agresión homófoba a Rober e Antonio a pasada terza feira. En Compostela, a mobilización decorreu sexta feira na Praza do Obradoiro, convocada por Ultreia LGTBi. Na Coruña será sábado 13, ás 12 horas no Obelisco e en Vigo tamén sábado ás 12 no MARCO.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s