Lingua

GALEGO-PORTUGUÊS – da teoria à prática [Fausta Cardoso Pereira]


Ana Pontón: “É inexplicábel que se ergan novos muros contra a nosa lingua”

A Portavoz Nacional do BNG participou na concentración convocada por Queremos Galego diante da Casa do Concello de Lugo para protestar pola sentenza do TSXG que derroga a Ordenanza municipal de uso do galego -tras unha denuncia apresentada porGalicia Bilingüe-,  e exixiu unha mudanza das políticas lingüísticas institucionais.


 

CIG-Ensino consegue que profesorado de lingua galega poda acceder a formación en portugués

Após o reclamar o sindicato nacionalista, a Consellaría de Educación recolle a participación do profesorado de lingua galega nos cursos PIALE para formación en linguaportuguesa. É máis un paso para dar cumprimento ao previsto na Lei Paz Andrade, aprobada por unanimidade no Parlamento da Galiza.


 

Presentan nova edición de ‘Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza’, de Francisco Rodríguez

Clásico dos estudos socio-lingüísticos sobre o galego, o libro sae de novo nunha versión actualizada e aumentada que leva por subtítulo ‘A situación do galego como síntoma’.  Laiovento é responsábel pola quinta edición da obra que nesta terza feira será apresentada en Compostela da man da Asociación Cultural O Galo e da MNL, coa presenza do autor e do Presidente da Mesa, Marcos Maceira.


 

Queremos Galego convoca mobilización en Lugo en defensa da lingua

A plataforma cidadá advirte dos intentos de suprimir por vía xudicial os acordos comúns e unánimes conquistados pola sociedade galega e promove o primeiro acto contra a sentenza do TSXG que limita o uso do galego no Concello de Lugo. Será na próxima cuarta feira, día 16,  ás 11.30 diante da Casa do Concello.


 

A Mesa denuncia que o TSXG “agride o conxunto de Galiza” coa sentenza sobre uso do galego en Lugo

Marcos Maceira: “O TSXG pretende ilegalizar todos os acordos sobre o galego”. “Agredir mediante sentenza o noso maior sinal de identidade é agredir o conxunto de Galiza”, afirmou o Presidente da Mesa.


 

A Mesa convídanos a nos asociar ao galego

Lanza unha campaña de novas adhesións sob os rótulos#EnGalegoSempreGañas e#AsóciateaoGalego. O elemento base é un vídeo cunha corrida de revezamentos que quere simbolizar o compromiso partillado coa lingua.


 

As forzas políticas apoian acordo pola lingua, sen presenza de PP, Ciudadanos e Podemos

A Mesa promoveu unha reunión, en que participaron 11 organizacións políticas, para defender conxuntamente a proposta de derrogación do ‘Decreto de Plurilingüísmo’ e de dar cumprimento á Carta Europea das Linguas.


 

CIG-Ensino aposta na potenciación do portugués no ensino

Asina a proposta daAssociação de Docentes de Português para que a oferta de emprego inclúa vagas para a especialidade de portugués no ensino secundario e para estender a oferta nos centros públicos da Galiza.


 

Anúncios