En Marea, ‘indignados’ co Goberno de Rajoy por non divulgar a obra de Cervantes

En Marea

SOCIAL | Unha das primeiras intervencións de Fernán Vello, deputado de En Marea-Podemos, na Comisión de Cultura do Congreso, non foi para defender a literatura galega mais para criticar o Goberno español por non comemorar adecuadamente o 4º centenario da morte de Cervantes. Fernán Vello manifestou ‘indignación e estupor’ polo ‘desprezo’ do Goberno á figura do autor de El Quijote.

“Queremos manifestar a nosa indignación cultural, o noso estupor, a punto de entrar xa no mes de abril, polo silencio e o esquecemento, en tempo e forma, que o Goberno do Partido Popular teceu ao redor desta trascendental comemoración para a cultura e a literatura de España”, comezou a intervención Fernán-Vello.

O deputado de En Marea-Podemos recorreu a palabras de Darío Villanueva, “Presidente da Real Academia Española, máxima autoridade cultural de España” para apoiar o descontento coa actitude do Goberno neste asunto e citouno a propósito da comparación que fixera co que os británicos teñen previsto a respecto de W. Shakespeare: “Os ingleses poden sacar as cores a todos os españois”.

O deputado por Lugo insistiu nesta idea, poñendo como exemplo o Primeiro Ministro británico: “Reparen vostedes, o propio David Cameron implicando o estado británico na comemoración shakespeariana, somprendeu cun discurso e un artigo distribuído en todo o mundo -140 países- a cerca do autor do Rei Lear“. E enfatizou: “Por que este desprezo por parte do Goberno de España á figura de Cervantes?”.

Fernán Vello finalizou citando Valle-Inclán (“tamén meu paisano, desculpen”) mais tentando atenuar previamente o contido crítico da afirmación do autor de Divinas palabras, “cando dícía textualmente -non se escandalicen, por favor, véxase a metáfora- que España é unha deformación grotesca da civilización europea”.

O propio Miguel Anxo Fernán Vello divulgou esta intervención nun vídeo colgado no seu perfil de facebook: “Velaquí vai o vídeo do que no Congreso se denomina “Posicionamento”, neste caso na Comisión de Cultura e exercendo a función de Portavoz (Voceiro) do Grupo Confederal Podemos-En Comú Podem-EN MAREA. Tratábase dunha Proposición Non de Lei do Grupo Socialista relativa á conmemoración do IV Centenario da morte de Cervantes na que se facía crítica certa ao desleixo do Goberno español en relación co IV Centenario cervantino”..

[A tradución do español é nosa]

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s