Deputad@s de En Marea-Podemos votan a favor dos orzamentos que discriminan a Galiza

GALIZA | Catro dos cinco representantes no Congreso seguiron as ordes da dirección española de Unidos-Podemos de votar os orzamentos do Goberno. A decisión agrava a crise de En Marea porque a dirección de Villares acordara votar contra. Só a deputada Alexandra Fernández seguiu o acordo.

EnMareaCongreso.png

Antón Gómez-Reino (Podemos), Ángela Rodríguez (Podemos), Yolanda Díaz (Izquierda Unida) e Miguel Anxo Fernan Vello (Anova) votaron a favor dos orzamentos de Pedro Sánchez a pesar de reduciren o investimento na Galiza en 19% e se situaren no nivel máis baixo en 16 anos.

O proxecto de orzamentos foi pactado entre Pablo Iglesias e o PSOE e, segundo ela mesma confirmou, Yolanda Díaz foi unha das persoas que os negociou. O máis sorprendente é que, cando as contas foron coñecidas, diante da indignación xeral pola discriminación á Galiza a propia Yolanda Díaz saíu a rexeitalos. Agora vota a favor.

A redución de 19% dun investimento xa cativo contrasta co importante incremento noutras comunidades: Andalucía (43,5%), Catalunya (51,8%), Valencia (9,8%) ou Castela-León,  (9%).

Os 750 millóns de euros de investimento territorializado sitúanse á altura dos de 2003 e moi por debaixo dos 2.000 millóns de ano 2009, cando os dous votos do BNG eran decisivos para aprobación dos orzamentos e Francisco Jorquera negociaba directamente con Rodríguez Zapatero.

Foi precisamente o BNG que criticou con máis contundencia as contas do Estado, reclamando que o investimento se voltase a situar nos 2.000 millóns de euros. A súa Portavoz Nacional, Ana Pontón, destacou que estes orzamentos discriminatorios son o resultado da inutilidade das forzas estatais á hora de defender os intereses da Galiza, argumento en que insistiu aínda nesta cuarta feira.

Finalmente, o proxecto de orzamentos de PSOE/Unidos Podemos foi rexeitado ao votaren en contra as forzas independentistas catalás, PdeCAT e ERC após a ruptura do diálogo con Cataluña por parte do goberno de Pedro Sánchez.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s