BNG considera ‘obsceno’ gastar máis de 25.000 euros ao día en abrir a Cidade da Cultura

CC

CULTURA | A Portavoz Nacional do BNG, cualificou de ‘disparate’ que se incrementen 30% os fondos destinados pola Consellería da Cultura para o complexo do Gaiás e exixiu que se deixe de dilapidar recursos públicos nuns edificios que carecen de “proxecto cultural” para Galiza e máis tendo en conta “cal é a realidade social e da cultura deste país”, afirmou. 

No Pleno do Parlamento da Galiza do pasado 30 de marzo, por medio dunha pregunta sobre as aspiracións do Goberno de converter a Cidade da Cultura nun referente internacional da cultura galega, a deputada do BNG pediu que se deixe de enterrar miles de euros nela xa que, argumentou “non repercute en nada positivo para o noso país”.

A deputada nacionalista recorreu aos datos que indican unha reiterada caída de visitantes no Gaiás para xustificar a súa proposta. Segundo a propia Xunta da Galiza, dos 332.847 visitantes do ano 2012 pasouse en 2013 a 138.400 e no ano 2015 a 95.479 visitantes. “Nós entendemos que estes datos constatan “un fracaso absoluto”, afirmou, “non ten sentido continuar dilapidando miles de euros de recursos cando non existe ningún tipo de proxecto cultural”.

A deputada asegurou que na Cidade da Cultura non se produciu ningunha acción destinada a internacionalizar a cultura galega porque o WOMEX, explicou, “non se inventa na Cidade da Cultura como afirmou o conselleiro na súa intervención, o WOMEX -recalcou Pontón- é unha feira pagada con recursos públicos e iso, “non é internacionalizar a cultura do noso país”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s