Rubén Cela: “O único contaxio posíbel sería que En Marea escollese, como en Pontevedra, acordar os orzamentos co PP”

GALIZA |  O Portavoz Municipal do BNG en Compostela respondeu as declaracións do alcalde, que se mostraba preocupado polo ‘efecto contaxio’ da situación de Pontevedra, asegurando que o BNG “nunca vai pactar co Partido Popular emendas para desvirtuar o orzamento dun grupo de goberno”, como fixo En Marea na cidade do Lérez.

CIG-Ensino denuncia irregularidade para colocar persoa afín ao PP no Concurso de Traslados

SOCIAL | A CIG-Ensino vén de denunciar publicamente a adxudicación “irregular e fraudulenta” dunha praza dunha especialidade que nin se imparte nin se vai impartir na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galiza, con sede en Pontevedra. A central considera que se trata dunha “cacicada” da Consellaría para adxudicar a praza á actual directora…

Casa-Museo de Manuel María acolle Xornadas de Lingua e Literatura

CULTURA | Organizadas pola CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), tornáronse nos últimos vintecinco anos no principal encontro didáctico para o ensino da nosa lingua e literatura.  As entidades organizadoras dedican este ano, de forma monográfica, ao estudo da obra de Manuel María. A Xornada finalizará cun espectáculo de maxia de Martín Camiña.