BNG de Lugo defende avanzar na peonalización da Ronda da Muralla

IMG_5367

LOCAL | Rubén Arroxo afirmou que as obras da Ronda deberían ter como finalidade avanzar cara á eliminación do tráfico rodado nesa vía e salientou que “poucas cidades europeas permiten ter un monumento Patrimonio da Humanidade, de 2.000 anos de antigüidade, rodeado por vehículos de motor”.


O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no Concello de Lugo indicou que “o goberno municipal terá que traballar en estabelecer itinerarios alternativos para evitar atascos na propia Ronda da Muralla e nas arterias principais como a Avenida da Coruña”.

De feito, iniciar a peonalización da Ronda foi unha das 72 propostas que o grupo nacionalista achegou ao Goberno municipal para seren incluídas nos orzamentos de 2016. Rubén Arroxo indicou que “é unha oportunidade para demostrar, unha vez máis, que Lugo non precisa ter a muralla rodeada por vehículos de xeito continuo”.

O BNG quere liberar a muralla do tráfico de vehículos e salienta que é outra oportunidade que ten o Goberno municipal para mostrar o seu compromiso para pór en valor o monumento máis emblemático de Lugo.

Rubén Arroxo asegurou que aínda que o proceso de peonalización ten que ser “un proxecto de cidade en que tod@s esteamos implicad@s e apostemos con valentía polo futuro de Lugo” e engadiu que “non se debería perder esta oportunidade para comprobar, unha vez máis, que é posíbel converter a Ronda da Muralla nun espazo para as persoas”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s