Montse Prado: “Teñen miles de persoas en lista de espera para derivalas á sanidade privada”

sanidade-montse-1

GALIZA | A deputada do BNG exixiu ao SERGAS publicar as listas de espera, estruturais e non estruturais, recuperar a totalidade das prazas de persoal eliminado desde o ano 2009 e activar todos os recursos para impedir a derivación de doentes da sanidade pública a centros sanitarios privados. A iniciativa do BNG tamén reclamaba “restituír nas listas de espera @s doentes que non aceptaron ser derivad@s a centros sanitarios privados”.

Montse Prado defendeu, así mesmo, a necesidade de seren constituídos e convocados os Consellos de Área, coa participación social e territorial da cidadanía, como sinala a Lei de Saúde de Galiza do ano 2008.

O PP afirma que o PSOE, co apoio de Podemos, tamén deriva pacientes a centros privados para reducir as listas de espera.

En resposta, a portavoz do Partido popular, Marta Rodríguez Vispo defendeu as derivacións de doentes da sanidade pública á sanidade privada e lembrou que este sistema é o mesmo que utilizan algúns gobernos socialistas co apoio de Podemos en diferentes comunidades do Estado español.

A parlamentaria nacionalista replicou que “por que haxa delincuentes que están roubando dereitos á poboación e converten a sanidade nun negocio para os amigos, non os exime a vostedes da responsabilidade de seren cómplices e aplicar políticas nesa mesma dirección”.

As persoas que rexeitan ser derivadas a centros privados son eliminadas das listas de espera do SERGAS.

Montse Prado afirmou que na EOXI de Ourense existen 7.000 pacientes en lista de espera e 800 con máis de dous anos. A deputada nacionalista reiterou que as persoas que rexeitan ser derivadas a un centro privado “son eliminadas da lista de espera” e a negativa responde a que “saben que os centros privados teñen peor asistencia”.

A parlamentaria criticou que o PP aprobase a Lei de garantías coa intención de dar cobertura legal ás derivacións para seguir “engordando os petos” da sanidade privada. “Teñen miles de persoas en lista de espera para derivalas á sanidade privada”, dixo.

A moción defendida pola parlamentaria do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido Popular.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s