Ana Pontón: “É inexplicábel que se ergan novos muros contra a nosa lingua”

Ana Ponton concentracion Queremos Galego Lugo2

LINGUA |A Portavoz Nacional do BNG participou na concentración convocada por Queremos Galego diante da Casa do Concello de Lugo para protestar pola sentenza do TSXG que derroga a Ordenanza municipal de uso do galego -tras unha denuncia apresentada por Galicia Bilingüe-,  e exixiu unha mudanza das políticas lingüísticas institucionais.

Ana Pontón asegurou que resulta inexplicábel que, nun momento crítico para o noso idioma, “se queiran erguer novos muros contra a normalización” e defendeu que tanto desde a Xustiza como desde a Xunta “deben deixar a política de acoso ao galego, cando o que precisa é apoio, porque é un elemento que nos une e que nos permite ter voz propia no mundo”.

Pontón avanzou que o BNG vai desenvolver iniciativas políticas nos concellos en favor da normalización da nosa lingua e instou a Xunta e o poder xudicial a que “deixen de levantar muros contra a lingua galega e se poñan do lado da legalidade e do dereito que temos a poder usar o noso idioma con normalidade”.

Na concentración de apoio ao galego participaron numerosos responsábeis políticos do BNG, entre eles Rubén Arroxo, Portavoz Municipal nacionalista, que salientou a total normalidade con que se aplicou a Ordenanza desde a súa entrada en vigor hai catro anos. “Non provocou nin unha soa queixa, porque a sociedade de Lugo está de acordo en promover o uso do galego, que é parte da nosa cultura, nunha cidade onde se fala galego”, salientou Arroxo.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s