En Marea apoia Marta Rivera de la Cruz como presidenta da Comisión de Cultura do Congreso

Cruz.png

GALIZA | A candidatura ‘conxunta’ presidida pola galegófoba Marta Rivera de la Cruz, e da que fai parte como Primeiro Secretario o deputado de En Marea-Podemos Miguel Anxo Fernán Vello, foi aprobada ‘por asentimento’ de forma unánime.

A escritora Marta Rivera de la Cruz pasou a ser máis coñecida pola súa teima contra o galego do que polas súas obras. Sinalouse por diversas actuacións públicas criticando a ‘imposición’ do galego e denunciando a ‘discriminación’ dos escritores que na Galiza escribían en castelán.

Rivera de la Cruz foi un dos máis notorios apoios das actuacións contra a nosa lingua desenvolvidas pola asociación galegófoba Galicia Bilingüe. Nas eleccións de 20 de decembro de 2015 foi eleita deputada de Ciudadanos por Madrid.

O apoio de En Marea á galegóbofa Rivera de la Cruz, coa que ademais comparte candidatura Fernán Vello, xerará sen dúbida sorpresa no mundo da cultura galega e de defensa da lingua. Chega, ademais, en plena campaña electoral.

Fernán Vello xa protagonizara algunha polémica cando unha das súas primeiras actuacións na Comisión de Cultura do Congreso fora para denunciar que o Goberno de Rajoy non dedicaba suficiente atención á celebración do 4º Centenario de Cervantes.

Ver vídeo: Congreso en directo. Comisión de Cultura (min. 11:30)

Ver tamén:

En Marea, ‘indignados’ co Goberno de Rajoy por non divulgar a obra de Cervantes

 

 

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s