54 partidos, entre eles a UPG, asinan declaración solidaria con refuxiad@s e condenan imperialismo

refugiados-Siria-2015

INTERNACIONAL | Cincuenta e catro partidos comunistas e operarios de todo o mundo, entre os que se acha a Unión do Povo Galego, fixeron pública unha Declaración internacional de solidariedade coas persoas refuxiadas mais tamén de denuncia da ‘actividade criminal’ das potencias imperialistas que fixo con que “millóns de persoas pasen a ser refuxiadas e inmigrantes”.

“Denunciamos a agresividade imperialista, as intervencións e as guerras dos Estados Unidos, a OTAN e a Unión Europea e os seus aliados, tales como Turquía, Arabia Saudita e Qatar. A actividade criminal destas potencias fixo que millóns de persoas pasen a ser refuxiadas e inmigrantes”, así comeza unha Declaración que chama a confrontar o sistema explotador “que só crea guerras, refuxiados, inmigración e pobreza”.

A Declaración salienta que todos os gobernos burgueses estiveron participando todos estes anos “con exércitos, provendo de todo tipo de asistencia ou reproducindo todos os pretextos utilizados para xustificar o desencadeamento destas intervencións imperialistas” e que por iso teñen unha grave responsabilidade no que está a acontecer.

Denuncian a Unión Europea e os seus gobernos por seguiren unha liña de represión policial e militar contra as persoas refuxiadas que tratan de escapar da guerra, da miseria e das redes de tráfico de persoas e chaman a reforzar “a unidade de clase e da solidariedade popular cos pobos que son vítimas das intervencións imperialistas e da explotación capitalista”.

Alerta tamén a Declaración para os intentos da clase dominante de utilizar a inmigración e a cuestión d@s refuxiad@s como un medio para abolir os dereitos laborais e para “intensificar a explotación de refuxiad@s e inmigrantes, da clase operaria no seu conxunto, nos países receptores”.

Por último, a Declaración conclúe que só derrotando o imperialismo poderán ser creadas as condicións que permitirán ás persoas refuxiadas e inmigrantes volver aos seus respectivos países de orixe, “cos pobos a cargo do seu propio destino”.

LER ÍNTEGRA na WEB da UPG

Partidos asinantes:

  1. CP of Albania
  2. PADS
  3. CP of Australia
  4. Party of Labour of Austria
  5. CP of Bangladesh
  6. Brazilian CP
  7. CP of Brazil
  8. CP of Britain
  9. CP of Canada
  10. AKEL
  11. CP in Denmark
  12. CP of Denmark
  13. CP of Finland
  14. Unified CP of Georgia
  15. German CP
  16. CP of Greece
  17. People’s Progressive Party of Guyana
  18. Tudeh Party of Iran
  19. CP of Ireland
  20. Workers’ Party of Ireland
  21. Socialist Party of Latvia
  22. CP of Malta
  23. CP of Mexico
  24. Popular Socialist Party of Mexico
  25. NCP of the Netherlands
  26. CP of Norway
  27. CP of Pakistan
  28. Palestinian CP
  29. Palestinian Peoples’ Party
  30. Philippines CP [PKP-1930]
  31. Russian CWP
  32. CP of the Soviet Union
  33. CP of the Russian Federation
  34. NCP of Yugoslavia
  35. Party of the Communists of Serbia
  36. CP of Slovakia
  37. CP of the Peoples of Spain
  38. CP of Sweden
  39. Communist Party, Sweden
  40. Syrian CP
  41. CP of Tadjikistan
  42. CP, Turkey
  43. CP of Ukraine
  44. Union of Communists of Ukraine
  45. CP of Venezuela
  46. 46. CP of the Workers of Belarus
  47. 47. Union of Communists in Bulgaria
  48. Communist Workers`Party for Peace and Socialism (Finland)
  49. CP, Italy
  50. Socialist Movement Kazakhstan
  51. Galizan People’s Union
  52. Party of Communists USA
  53. Freedom Road Socialist Organization [USA]
  54. Party for Socialism and Liberation [USA]
Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s