CIG-Ensino e AS-PG dedican xornada monográfica á obra de Manuel María

Manuel

SOCIAL | No momento en que as Xornadas de Lingua e Literatura completan vinte e cinco anos de encontros didácticos ao redor da lingua e da nosa produción literaria, as entiddes organizadoras dedican este ano ao estudo da obra de Manuel María. A xornada, orientada especialmente para o ensino, será 9 de abril na Casa-Museo de Outeiro de Rei.

AS-PG e CIG-Ensino salientan que nestes 25 anos de xornadas contaron en varias ocasións coa participación do autor ao que este ano se lle dedica o día das Letras, o poeta Manuel María. “Sentimos que temos un dobre motivo de celebración e por iso consideramos que o mellor xeito de facelo é dedicarlle monograficamente estas xornadas ao autor que tanto achegou á nosa lingua e á nosa literatura, que creou pensando nas nenas e nenos galegos, fornecéndonos de materiais na nosa lingua cando máis falla nos facían”.

O encontro comezará ás 10,30 da mañá cunha palestra sobre a obra poética do autor a cargo de Manuel López Foxo, estudoso e antólogo de Manuel María, sob o título ‘O País é tamén unha viaxe cara a dentro’. A seguir haberá unha visita á Casa-Museo guiada por Fran Rei.

Na mañá decorrerá tamén a presentación de dúas unidades didácticas sobre a obra de Manuel María. A primeira correrá a cargo de María Barca Gómez e Marta Barca Gómez, pensada para infantil e primaria. A segunda, ‘Ferrados de corazón, fanegas de alma’, está orientada á ESO e será presentada por Anxo Gómez Sánchez.

Xa para a tarde está organizado un roteiro por espazos vitais e referenciais na obra de Manuel María, guiado por Alberte Ansede, María Calvo e Mateo do Campo.

Máis información na WEB da CIG-Ensino

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s