GALIZA | A frente nacionalista organiza un acampamento simbólico na Coruña, rodeado de arame farpado, para denunciar o acordo UE-Turquía de expulsión das persoas refuxiadas, mais tamén as políticas imperialistas, de guerra e destrución, que está na orixe do drama humano.
O BNG continúa desenvolvendo unha intensa actividade para denunciar as políticas comunitarias en relación coa crise das persoas refuxiadas. Onte (17) Ana Pontón participaba en Viana do Bolo -xunto co alcalde nacionalista, Secundino Fernández- no acto de arriar a bandeira da UE e enfatizaba o éxito desta iniciativa sombólica de protesta que iniciara terza feira o Concello de Pontevedra.
A Portavoz Nacional asegurou mesmo que o BNG estaría disporto “a queimar as bandeiras europeas se con iso salvásemos vidas”. Nesta sexta feira participaba no acto reivincativo organizado polo BNG na Coruña “para denunciar as guerras imperialistas de USA e UE e as fatais consecuencias que supoñen para milleiros de persoas”.
Entre as dirixentes nacionalistas que participaron no acto estaba Goretti Sanmartín, membro da Executiva Nacional do BNG e Vide-presidenta da Deputación da Coruña, que comentaba na súa conta de Facebook: “Porque ningún ser humano é ilegal e para irmos ás causas fondas do conflito: o imperialismo e as guerras provocadas por intereses económicos, o BNG protestou hoxe na Praza da Fariña para denunciar a culpabilidade da Unión Europea”.