Ana Miranda participa en Córsega na Asemblea Xeral da ALE

ANA-MIRANDA-ASEMBLEA-ANUAL-ALE-CORCEGA

INTERNACIONAL | A representante do BNG no Parlamento Europeo asiste en Aiacciu (Córsega) á Asemblea anual da Alianza Libre Europea nun conclave que debate sobre a defensa do dereito de autodeterminación das nacións e se posiciona contra a actual política de migración e asilo, de forma especial contra o “vergoñento Acordo UE-Turquía”.

A Asamblea, que reúne 150 representantes de máis de 45 nacións sen estado, decorre este ano coa crise dos refuxiados como tema central de análise e debate político. En relación con isto, a portavoz nacionalista declarou que “a solidariedade europea das nacións integradas na ALE vai dicirlle á Unión Europea que nacións como Galiza non queremos que no noso nome sexa cometida unha atrocidade humanitaria como a que se está cometendo coas persoas desprazadas e refuxiadas en Europa”.

Miranda, en nome do BNG, defende un paquete de mocións -conxuntamente con ERC, Aralar e EA- sobre a situación de asedio en que vive o pobo curdo, sobre o pobo palestino, sobre o abandono de 40 anos que sofre o Sahara Occicental e reclamando o dereito de autodeterminación de todas as nacións. “Temos a obriga de ser solidarias con outros pobos e condenar a política imperialista que provoca guerras e conflitos armados”, proclamou.

A Asamblea desenvólvese nunha Córsega que vive un novo tempo político após o triunfo histórico nas pasadas eleccións de decembro da coalición nacionalista de esquerdas, que deu paso a un executivo que aposta no autogoberno e na autodeterminacicón do pobo corso. De facto, o conclave foi inaugurado pola ministra corsa do Partitu da Nazione Corsa, Fabienne Giovaninni.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s