Compostela Aberta rexeita condenar políticas imperialistas que xeran drama refuxiad@s

siria

GALIZA | O Grupo Municipal do BNG propuxo retirar todas as bandeiras europeas dos edificios institucionais do Concello de Santiago e condenar a guerra promovida por Occidente que provoca “dramas humanos inceptábeis á altura do século XXI”. Compostela Aberta rexeitou esta proposta e preferiu deixar a bandeira europea a media hasta.

O debate no concello de Santiago sobre o acordo entre a UE e Turquía para a expulsión das persoas refuxiadas saldouse coa sorprendente negativa do Goberno Municipal de Compostela Aberta a condenar as políticas imperialistas de intervención militar no Oriente Próximo e Norte de África que están na orixe do drama humano de millares de persoas, e mesmo a retirar a bandeira da UE do Pazo de Raxoi.

O BNG propuxo unha emenda co seguinte texto: “En sinal de protesta contra a xestión da crise humanitaria, o Concello de Santiago retirará as bandeiras europeas dos edificios institucionais para evidenciar a vergoña de pertencer a unha Unión Europea disposta a maltratar persoas que foxen dunha guerra provocada desde Occidente. Así como rexeitar as políticas imperialistas da propia Unión Europea e de EEUU que arrasan poboacións enteiras e provocan dramas humanos inceptábeis á altura do século XXI”.

Compostela Aberta non aceptou a proposta e optou por deixar a bandeira europea do Pazo de Raxoi a media hasta. O BNG evidenciou públicamente a posición de CA e insistiu na necesidade de non só denunciar as consecuencias mais tamén as causas da crise humanitaria.

Após a confirmación do acordo UE-Turquía, Rubén Cela, Portavoz Municipal do BNG, escribía na súa conta de Twitter: “Consumada a indignidade. A UE asina acordo con Turquía pra expulsar refuxiad@s a cambio 3.000 millóns, visados e un capítulo adhesión #noxo”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s