BNG da Coruña condena brutalidade policial contra seareir@s do Deportivo

riazor_bandeiras2

SOCIAL | Avia Veira, Portavoz do BNG no Concello da Coruña, solicita unha entrevista co Delegado do Governo na Galiza para reclamar explicacións pola brutal carga policial contra os seareir@s deportivistas acontecida o pasado sábado, 19 de marzo, diante do hotel en que estaba concentrado o Dépor antes do partido co Levante.

Nun escrito feito público pola organización nacionalista, Avia Veira denuncia a carga que se produciu o pasado sábado diante do hotel onde estaban concentrados os xogadores deportivistas, cando centos de seareir@s -incluídas persoas de idade e mesmo nen@s pequen@s ou bebés nos seus carros- esperaban para animar o clube coruñés por ter o encontro coa UD Levante unha vital importancia para a súa permanencia na Primeira División.

A Portavoz do BNG salienta que os axentes da policía nacional que se encontraban no lugar cargaron “sen mediar ningún tipo de incidente, tal e como demostran as imaxes e os vídeos gravados e emitidos mesmo pola Televisión de Galicia”. O resultado foi numerosas persoas feridas e “unha avalancha de xente asustada pola reacción policial e que provocou tamén feridas entre as persoas que se atopaban no lugar e que intentaban fuxir”, segundo relata Veira.

O BNG entende que o Delegado de Governo é responsável por esta actuación e por tanto exixe explicacións pola brutalidade policial.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s