BNG insta Feijoo a explicar o fiasco do concurso eólico e o ‘caso Baltar’

feijoo.jpg

GALIZA | O portavoz parlamentar, Francisco Jorquera, lamentou que unha vez máis o Presidente da Xunta rexeitase comparecer. Tamén anunciou que no vindeiro pleno culminará o trámite da Proposición do BNG para transferir a AP-9 á Xunta da Galiza. “Agardamos que o Partido Popular vote o mesmo e Madrid que no Parlamento galego”.

 Tras a xunta de portavoces, Jorquera denunciou que o Partido Popular rexeitou de novo que comparecese o Presidente da Xunta co fin de explicar as medidas sobre a investigación xudicial aberta contra José Manuel Baltar. O parlamentar lembrou que Baltar está imputado en tres presuntos delitos: suborno, tráfico de influencias e acoso sexual.No entanto, Baltal acaba de ser reelecto presidente do PP de Ourense “co respaldo de Feijóo”.

 Por outra banda, o Partido popular tamén rexeitou a solicitude do BNG e Grupo Mixto sobre a comparecencia do conselleiro de Industria para explicar a resolución xudicial que cualifica  de “ilegal” a anulación do concurso eólico do Goberno bipartito.

 O PP non quere un debate sobre a falta de garantías nos abortos da Área sanitaria da Coruña

 O portavoz parlamentar tamén se referiu á negativa do Partido Popular a que comparecese a Secretaria de Igualdade para dar conta “da vulneración dos dereitos das mulleres que se someten a unha interrupción voluntaria do embarazo na Área sanitaria da Coruña”. Neste sentido, avanzou que o BNG preguntará ao Goberno sobre o que ocorre en varios hospitais públicos en que “as mulleres permanecen soas no cuarto, sen persoal sanitario  e que deben acudir soas ao baño a expulsar o feto”.

“Mesmo  coñecemos recentemente -manifestou o portavoz nacionalista-  que para interromper a gravidez se emprega unha técnica que provoca a expulsión do feto sen subministras ás mulleres ningún tipo de anestesia. Asemade – dixo- denunciamos a alternativa do SERGAS que anima ás mulleres nesta situación  a contar con asistencia médica completa nunha clínica privada en Madrid”.

 Anunciou tamén Francisco Jorquera que na vindeira sesión plenaria, por iniciativa do BNG,será debatida a elaboración dun Plan Galego de emprego feminino e de corresponsabilidade que recolle un ambicioso paquete de medidas para impulsar a “conciliación en igualdade”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s