Jorquera acusa Feijoo de ‘ollar para outro lado’ coa corrupción do PP

Jorquera amosa a foto de Feijóo abrazando ao Presidente de Iberdorla

GALIZA | O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera preguntou a Feijóo cando pensa dar explicacións sobre “as súas amizades perigosas”,  as fotos que as confirman e os casos de corrupción continuada no Partido Popular.

Francisco Jorquera preguntou hoxe ao Presidente da Xunta polos diferentes casos de corrupción  que afectan o Partido popular, tanto no Estado como na Galiza e asegurou que o problema do presidente da Xunta son as fotos que confirman as súas ‘amizades perigosas’ con persoas como Marcial Dorado ou Pachi Lucas, das que continúa sen dar explicacións.

“No que levamos de ano -explicou Jorquera-  o Tribunal Supremo confirmou a condena a seis anos  de cárcere  a Marcial Dorado por branquear diñeiro, Pachi Lucas foi imputado tamén como presunto conseguidor da trama ZETA e o Presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar,  imputado pola comisión de dous presuntos delitos, suborno e tráfico de influencias ao que agora se engade outro por acoso sexual e  vostede, segue sen explicar as súas ‘amizades perigosas’  con Pachi Lucas e Marcial Dorado e ‘mirando para outro’ lado sobre a imputación de Baltar ao tempo que  premia como asesor da Deputación en Pontevedra ao dobremente imputado Rafael Louzán”.

“Ademais -engadiu o protavoz nacionalista- olla tamén  para outro lado ante os indicios de que o Partido popular galego sexa unha peza central na trama do financiamento ilegal do PP”.

Na súa intervención, Jorquera referiuse as operacións  Taula e  Púnica, ao escándalo de ACUAMED, Rodrigo Rato ou Alfonso Grau e en canto isto ocorre, dixo, “Feijóo pide perdón como político polo teatro das negociacións para formar goberno en Madrid cando ata Esperanza Aguirre demitiu e pediu perdón sinalándolle o camiño ao Sr.Rajoy”.

Salientou Jorquera que o goberno galego aprobou leis para combater a futura  corrupción mais que só serviron “para encubrir a súa inacción ante a corrupción presente”. Garantiu que non é o BNG quen acusa o PP de Galiza de financiamento ilegal, son “Naseiro, Pablo Crespo, Modesto Fernández e outros militantes do seu partido”.

“Non é o BNG -recalcou Jorquera- quen revelou a súa relación con Marcial Dorado, é unha foto”. Mais o portavoz nacionalista mostrou desde o escano aínda outra foto, aquela en que  “aparece  Feijóo abrazado ao Presidente de Iberdrola” no mes de abril do ano  2009. No mes de febreiro Iberdrola pedía a suspensión do concurso eólico, e en agosto, despois de “tan tenro abrazo”, a Xunta anula aquel concurso, anulación  que agora o Supremo ratifica que “foi ilegal”.

Finalmente, o portavoz parlamentar do BNG acusou a Xunta de Feijóo de incorrer en “desviación de poder”, arruinar o sector da enerxía eólica e estar obrigados a facer fronte ás indemnizacións, “vostedes si que crearon inseguridade xurídica”, concluíu.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s