BNG celebra que a contestación social faga recuar o PP coa Lei de acuicultura

bateas

GALIZAO portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, afirmou que a lei puña o noso mar ao servizo das grandes multinacionais de acuicultura e cualificou de “triunfo do sector” e da presión política e social a retirada do anteproxecto da Lei.

 

Francisco Jorquera expresou a satisfacción pola retirada do Anteproxecto da lei de Acuicultura produto, dixo, “da presión política e social” contra unha lei agresiva para o sector do mar. Considerou este feito significativo de como a contestación popular e a oposición política pode facer recuar aos gobernos, como xa ten constatado o Bloque Nacionalista Galego en reiteradas ocasións.

Jorquera asegura que e a Lei de Acuicultura non era unha reformábel, pois partía dunha formulación ‘agresiva’ para o noso sector e a acuicultura real da Galiza. Cabe lembrar que para este sábado, 27 de febreiro, está convocada unha grande manifestación nacional en Compostela, que se mantén co obxectivo de contestar globalmente toda a política da Xunta para o mar.

O Anteproxecto, abondou Jorquera, puña o noso mar ao servizo das grandes multinacionais da acuicultura e, por tanto , só cabía a súa retirada. Nese sentido, “congratulámonos -dixo- de que a presión obrigase a Xunta a retiralo”.

acui

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s