Fayez Badawi (FPLP) falará en Compostela da situación en Siria e Palestina

Fayez Badawi

INTERNACIONAL | O representante da Frente Popular para a Liberación de Palestina en Europa intervén nunha palestra organizada polo BNG de Compostela. O acto será quinta feira, día 25 de febreiro ás 20,30 horas, no Vide Vide.

Fayez Badawi disertará sobre o conflito que vive Oriente Próximo, con especial atención á situación actual da Palestina e á guerra de Siria. Badawi desenvolveu xa unha intervención sobre este mesmo tema o pasado día 20 de febreiro na Coruña, organizada tamén pola organización local do BNG.

Fayez BNG FayezBadawi naceu no campamento de refuxiados de Tal Az-Zatar, ao leste de Beirut, posteriormente destruído en 1976. En 1982 foi testemuña da matanza instigada por Ariel Sharon no campamento de Chatila. Na actualidade é militante da Frente Popular, a forza que lidera o bloco da esquerda palestina, e imparte conferencias de co intuito de divulgar a situación dos territorios ocupados e as causas da opresión no Oriente Medio.

O BNG indica que con estas palestras quer colaborar para o coñecemento da situación real no Oriente Próximo e expresar a oposición á guerra en Siria e a solidariedade coa causa palestina.

 

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: