Galiza Nova denuncia o ‘acordo españolista e neoliberal’ entre PSOE e Ciudadanos

acordo-bo-768x482

GALIZA | A organización xuvenil nacionalista salienta que “só na ruptura con España e coa ditadura dos mercados, erguendo unha Galiza soberana” será posíbel dar resposta ás problemáticas que condenan a mocidade galega á emigración e á precariedade.

Galiza Nova afirma que o acordo que vimos de coñecer entre PSOE e C’S “como era previsíbel, non ten en conta para nada as necesidades do pobo galego, e en concreto da súa mocidade” e subliña que mesmo aspectos que os partidos aspirantes a gobernar afirmaban ter claros antes “xa non parecen estalo tanto nos documentos actuais” citando como exemplo os casos da LOMCE, a Lei Mordaza e as reformas laborais.

Destaca a organización xuvenil do BNG que no caso da LOMCE o documento recolle que só se paralizarán aqueles aspectos que non están postos en marcha da lei educativa, “deixando un panorama educativo de novo moi prexudicial para o estudantado galego”. E a respecto da Lei Mordaza que será só revisada e non derrogada, “mantendo o corpo da lei, que censura as protestas contra as medidas inxustas e que permite a represión de todo movemento que o sistema non autorice”.

Porén, o factor que máis regresivo avalía Galiza Nova no que á mocidade galega se refire é “o dunha nova reforma laboral, que lonxe de derrogar as dúas anteriores (PSOE e PP), mantén a súa esencia e fixa un novo tipo contrato regulamento de indemnizacións por despedimentos con distintos prazos, que na práctica reduce as indemnizacións por despedimentos aumentando a precariedade dos contratos de traballo, en especial para a mocidade”.

Conclúe Galiza Nova que estas políticas son esencialmente continuidade das xa desenvolvidas polos gobernos anteriores e destaca que só con soberanía será posíbel mudar realmente as cousas para Galiza e para a mocidade.

WEB DE GALIZA NOVA

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s