ERGUER inicia a actividade con asembleas e presenza nas redes

ERGUER

GALIZA | A nova organización estudantil galega, constituída o pasado 5 de marzo, inicia a actividade con asembleas de presentación en diferentes cidades ao longo da semana e cunha importante presenza nas redes sociais. Queren dar a coñecer os obxectivos e as resolucións da Asemblea Constituínte.

As asembleas arrancaron na cuarta feira en Lugo e Compostela e continuarán na quinta en Pontevedra (ás 18h na Casa Azul (r/ Sor Lucía 2, 3º) e A Coruña (ás 19h no antigo local de Comités na Facultade de Económicas).

Xa na segunda feira Erguer-Estudantes da Galiza arrancou a actividade nas redes con contas en Facebook e Twitter que alcanzaron en pouco tempo un importante número de persoas seguidoras. Foi precisamente a través das redes sociais que deron a coñecer as resolucións adoptadas na Asemblea e os obxectivos da nova organización. Polo seu interese, reproducimos textualmente:

“Despois de varios anos en que viñemos partillando dinámicas e traballando xuntas en diversos momentos, as tres organización estudantís nacionalistas e independentistas Agir, Comités Abertos e Liga Estudantil Galega, demos o derradeiro paso, culminado coa creación da nova ferramenta do estudantado galego. Así, o pasado 5 de marzo celebrouse en Compostela a nosa Asemblea Nacional Constituínte, baixo o lema “Libera e transforma Galiza desde as aulas”, onde naceu a nova organización estudantil nacionalista e independentista galega: Erguer. Estudantes da Galiza.

Desde Erguer as estudantes organizadas seguiremos loitando polos dereitos do estudantado galego, tanto nas rúas como nas aulas, loitando contra a Estratexia Universitaria, o 3+2, a LOMCE e a españolización do ensino. Loitaremos por un ensino por e para o pobo que non se vexa supeditado aos intereses económicos das grandes empresas e que fomente a conciencia crítica e a igualdade.

Así, a Asemblea Nacional Constituínte de Erguer. Estudantes da Galiza resolve que:

– Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización composta por estudantado galego cun mesmo proxecto.

– Erguer. Estudantes da Galiza está chamada a ser unha organización destinada á defensa dos dereitos do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e antipatriarcal”.

– Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización de carácter independentista, plural, situada no campo da esquerda nacionalista e independentista, nun movemento político que procura a constitución da República Galega independente, democrática e plenamente soberana, sabendo que só neste marco se pode dar o ensino polo que loitamos.

– Erguer. Estudantes da Galiza, como organización antipatriarcal, asume as teses feministas, procurando a igualdade plena entre os diversos xéneros”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s