8 de marzo: actos e mobilizacións para reclamar igualdade real

2016 08 03 Protesta8MarzoVigo04.grande

SOCIAL | Para alén da manifestación que percorreu as rúas de Compostela domingo pasado, o Día Internacional das Mulleres vén marcado por diversas mobilizacións e por actos que poñen o foco na desigualdade que persiste en moitos ámbitos da sociedade e na necesidade de continuar a loitar pola igualdade real.

A CIG convocou concentracións nas sete cidades, sob o lema ‘Precarias’, para denunciar a deterioración das condicións laborais das mulleres, o incremento das desigualdades no mundo laboral e os recortes sociais. As concentracións decorreron ás 12 da mañá diante de sedes empresariais e locais comerciais, maioritariamente de Inditex.

Xa no día de onte, segunda feira, a central nacionalista entregaba os premios ‘8 de marzo’ e ’10 de marzo’ para recoñecer exemplos de loita e combatividade polos dereitos laborais e das mulleres. O premio ‘8 de marzo’ recoñeceu a loita protagonizada polas delegadas da CIG no comité de POVISA por participaren en diversas mobilizacións así como unha longa folga de fame en repulsa por 13 despedimentos, para lograr un convenio colectivo digno e en defensa dunha sanidade de calidade. Xunto a elas, recibiron unha mención especial as traballadoras da Rede Galega de Kioskos (REGAKI).

CdBfoptXEAAKPhYA Deputación da Coruña, por iniciativa da responsábel de Igualdade, a nacionalista Ánxela Franco, organizou un masivo ‘Selfi pola igualdade’ en que a idea central foi “Aínda non somos iguais en dereitos e obrigas”. “Aínda non” era o encabezamento das frases que protagonizan centos de persoas que se retrataron no ‘fotocool’ do Pazo Provincial reclamando continuar dando pasos adiante contra o machismo no marco dunha campaña que pon a vista “no longo camiño para eliminar a discriminación”.

A partir das 7 da tarde tiveron lugar concentracións, manifestacións e arruadas en diferentes cidades do País convocadas polo movemento feminista, focalizadas na loita contra o feminicidio e a precariedade laboral. O BNG convocou concentracións na Coruña e en Moaña e apoiou as convocadas polo feminismo.

Xa na segunda feira a Portavoz Nacional do BNG participaba en Compostela nun  coloquio con mozas, organizdo por Galiza Nova, en que denunciaba que os gobernos de Feijóo foron “absolutamente corrosivos” en materia de igualdade e salientaba que o feminismo “segue a estar máis vixente ca nunca ante a discriminación que sofren as mulleres, moi en particular no laboral, e coa lacra da violencia machista sen unha resposta comprometida e eficaz por parte dos poderes públicos”.

PONTON-E-ADAN-CHARLA-COLOQUIO-MOZAS2-300x225

A dirixente nacionalista cualificou de “indigno” que o PP siga avalando José Manuel Baltar “como representante máximo do partido en Ourense” pese a estar imputado por presunta prevaricación e acoso sexual. “É unha vergoña”, subliñou, tras argumentar que a continuidade de Baltar deixa en papel mollado “calquera retórica sobre a limpeza da vida pública e da defensa dos dereitos das mulleres” por parte de Feijóo e do Partido Popular.

Ana Pontón aproveitou para presentar xunto a Carme Adán a campaña ‘Feminismo para transformar. Iguais nunha Galiza diferente’ que está a desenvolver o BNG para chamar a atención sobre unha situación que, como explicaba Adán, sitúa a fenda salarial entre homes e mulleres en Galiza en 23%, “a máis alta do Estado”, dato ao que se engade as pensións máis baixas. “A situación económica das mulleres na Galiza é alarmante, e as mozas son as peor paradas nesta desigualdade dentro da desigualdade”, salientou a deputada.

 

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s