UPG participa en encontro internacionalista no México

PT duarte

GALIZA | Entre os días 10 e 12 de marzo decorreu na cidade de México o XX Seminario Internacional “Os partidos e unha nova sociedade” que organiza o Partido do Traballo do México e que reúne anualmente numerosos partidos comunistas e anti-imperialistas da América Latina e do mundo . Como en anos anteriores, participou no encontro a Unión do Povo Galego, representada por Duarte Correa.

Segundo informou a través das redes sociais o propio Secretario de Relacións Internacionais da UPG, Duarte Correa interviu no encontro para apresentar a análise da situación política na Galiza e no mundo. A UPG hai xa varios anos que participa xunto con outras organización europeas -entre elas a Fundación Moncho Reboiras, dependente da CIG- aproveitando o foro para “expor a visión da complexa realidade internacional e encadrando a loita concreta do nacionalismo galego nese marco”.

A Unión do Povo Galego sinala na súa páxina web que a participación no Seminario Internacional do PT permite “estabelecer novos contactos internacionais e estreitar as relacións fraternais que a UPG mantén desde hai anos con partidos políticos e outras organizacións nacionalistas, progresistas e revolucionarias que desde a súa perspectiva e actuando na súa realidade concreta tentan construír un mundo de povos libres e de xustiza social”.

Este Seminario de reflexión e debate está considerado un dos máis importantes dos que se realizan no continente americano e nel concorren en cada edición representantes de máis de 100 organizacións políticas, sindicais e sociais de todo o mundo co obxecto de reflexionar sobre o papel das organizacións políticas e sociais nos procesos transformadores e nas loitas reivindicativas dos povos e das clases populares. No Seminario tamén participan representantes de organizacións políticas e gobernos que dirixen os diversos procesos políticos transformadores, nacionalistas e revolucionarios en curso en América Latina e noutras latitudes.

Para alén dos relatorios apresentados polas organizacións convidadas o Seminario conta coa presenza de importantes analistas e intelectuais que expoñen a súa visión sobre os temas de debate, que nesta XX Edición xiraron arredor de cuestións como a  resposta das forzas revolucionarias á contraofensiva do imperialismo contra os gobernos e os proxectos alternativos de nación; golpe de Estado de novo tipo, a propósito das situacións xeradas en países como Venezuela, Arxentina, Bolivia ou Brasil; a crise e os seus efectos a nivel mundial ou o papel dos partidos revolucionarios e movementos sociais neste contexto.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s