Presentan nova edición de ‘Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza’, de Francisco Rodríguez

Conflito2.png

LINGUA | Clásico dos estudos socio-lingüísticos sobre o galego, o libro sae de novo nunha versión actualizada e aumentada que leva por subtítulo ‘A situación do galego como síntoma’.  Laiovento é responsábel pola quinta edición da obra que nesta terza feira será apresentada en Compostela da man da Asociación Cultural O Galo e da MNL, coa presenza do autor e do Presidente da Mesa, Marcos Maceira.

Publicado por primeira vez en 1976, Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza supuxo un fito na análise, interpretación e diagnóstico dos problemas da nosa lingua en conexión cos problemas de índole económica, social e política que padece a nosa nación. Ao tempo, facía a disección das principais ideoloxías que se proxectaban sobre o idioma e das expectativas que delas se desprendían.

Segundo salienta a editora, esta quinta edición, realizada en 2015, aparece notoriamente actualizada con análises sobre a política lingüística oficial, a mobilización popular contra ela, a conciencia social sobre o idioma e o seu estado como síntoma, no que vai de século XXI. Desta forma, a través deste libro o lector pode decatarse de como evolucionou a situación lingüística na Galiza desde a década de setenta do século XX até hoxe, practicamente 50 anos, tirando as conclusións oportunas sobre as mudanzas cuantitativas e cualitativas que se produciron.

Acrecenta aínda Laiovento que o libro, nesta quinta edición -primeira dixital- “amplía a súa utilidade, a súa validade, a unha cuestión clave na vida dunha lingua oprimida como o galego: proporciona o modelo teórico e as pautas de comportamento lingüístico precisos non só para comprendermos o conflito lingüístico que vive este país, senón para remontalo e executar unha prática normalizadora merecente de tal nome, isto é, que poña como obxectivo central da preocupación polo galego a súa restauración social, através da plenitude de usos e funcións”.

“No panorama bibliográfico galego tan necesitado de páxinas esclarecedoras a respeito do idioma, este libro de Francisco Rodríguez (cuxas publicacións sobre Rosalía de Castro, Curros, Castelao… e outros moitos aspectos da lingua e da literatura galega reorientaron de maneira decisiva o coñecimento e a interpretación destas producións), continúa resultando único polo seu rigor, o seu adecuado aproveitamento do máis científico e actualizado da sociolingüística mundial e a súa constante preocupación por facer análise científica, ao servizo dunha causa que non admite demoras nen trampas: a recuperación do idioma galego”.

O lanzamento en Compostela de ‘Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza’ decorrerá terza feira, 15 de marzo, na libraría Couceiro, ás 20 horas. O autor, Francisco Rodríguez, e Marcos Maceira, Presidente da Mesa, disertarán sobre a temática abordada no libro.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s