Palestra en Compostela sobre o referendo de independencia de Cataluña

INTERNACIONAL | Será nesta quinta feira (28 de setembro) na aula 1 da Facultade de Filosofía da USC (Praza de Mazarelos). Nela participarán Arnau Comas, membro de Poble Liure e da CUP e Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG.

comp.jpg

Mais un acto de apoio ao referendo de independencia de Cataluña. A Unión do Povo Galego, no marco do Foro Internacionalista, organiza unha palestra para “diante da intoxicación informativa” ter a oportunidade de coñecer “de primeira man a opinión directa d@s que loitan pola independencia e os dereitos do pobo catalán”.

A palestra de Compostela vén precedida por outra realizada en Vigo na cuarta feira (27), no salón de actos do Colexio de Arquitectos (Rúa do Doutor Cadaval, 5) tamén coa participación de Arnau Comas e do Secretario de Relacións Internacionais da UPG, Duarte Correa.

Na mesma liña de apoio ao dereito democrático do povo catalán de exercer a autodeterminación no referendo do día 1 de outubro, na véspera (sábado, 30) decorrerá unha manifestación en Compostela convocada por Galiza com Catalunya. Será ás 12 da mañá na Alameda.

 

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s