Acto de lembranza a Bautista Álvarez no aniversario do seu falecemento

BAGALIZA | Organizado pola Unión do Povo Galego (UPG) decorrerá no seu San Amaro natal un acto de tributo e lembranza a Bautista Álvarez cando se fai un ano do seu pasamento. Será no sábado (15), ás 17,30 horas, no Castro de San Cibrao de Las.

Destaca a UPG que se trata de expresar “o recoñecemento a un home excepcional, a unha persoa que entregou a súa vida á causa da liberación nacional e social do povo galego e que o fixo con lucidez, con determinación e con coherencia até o final”.

Bautista Álvarez foi un dos fundadores da Unión do Povo Galego en 1964 e presidente do Partido durante máis de trinta anos, desde 1977 até 2008. Impulsor tamén da AN-PG e do BNG, organización en que ocupou responsabilidades de dirección e representación. Foi, con Lois Diéguez e Claudio López Garrido, un dos primeiros deputados nacionalistas en representación da coligazón Bloque-PSG. Os tres serían expulsados do Parlamento da Galiza en 1982 por se negaren a prestar acatamento á Constitución española. Posteriormente sería deputado do BNG desde 1989 até 2005.

O acto de lembranza do dirixente nacionalista será encerrado coas intervencións políticas da Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, e do Secretario Xeral da UPG, Néstor Rego. Contará, ademais, con intervencións poéticas e musicais así como a proxección dun audiovisual que recolle a traxectoria vital e política de Bautista Álvarez. Tamén será distribuída unha edición impresa conmemorativa co discurso que Bautista pronunciou na celebración do 50 aniversario da fundación da UPG, en 2014.

Eis o Programa completo:

  • Introdución musical a cargo de Roberto Sobrado.
  • Presentación do acto por parte de Montse Nóvoa, Secretaria de Zona da UPG.
  • Intervencións poéticas con: Lois Diéguez, Marica Campo, Millán Picouto e Marta Dacosta.
  • Proxección do audiovisual “Bautista Álvarez, patriota exemplar”.
  • Actuación musical de Roberto Sobrado.
  • Intervencións políticas:
    • Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG
    • Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG.
  • Canto do himno galego.

Máis info na WEB da UPG

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s