Decorreron en Vigo as II Xornadas feministas, organizadas por Isca!

Isca!

SOCIAL | Palestras e talleres permitiron debater sobre identidades sexuais e afectivas, a muller no mundo do traballo ou a implicación política, co exemplo das mulleres curdas. Foi no sabado, 12 de marzo, no Local Social ‘A Faísca’.

A organización xuvenil organizou, por segundo ano, unha xornada de formación feminista co obxectivo de debater, reflexionar e “continuar, máis fortes, na loita diaria feminista e antipatriarcal”.

A xornada contou con tres palestras. A primeira, A muller no mundo do traballo, correu a cargo da técnica de igualdade Cristina Rodríguez Ramos. Ximena González, activista da Marcha Mundial das Mulleres, falou sobre A centralidade da vida como aposta política. As mulleres kurdas. Pola súa parte, Ángel Amaro, militante de Isca!, disertou sobre  Indentidades sexuais, afectivas e amatorias. Xa na tarde tivo lugar un taller de autodefensa feminista impartido por Lésbicas Creando.

Isca! salienta a importancia da formación para a loita política e finimista: “Unha das mellores ferramentas que temos para loitar contra o sistema de vida e de relacións que nos impón o capitalismo e o patriarcado é a formación constante, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así ser quen de transformar a realidade que nos tocou vivir. Escoitar, aprender unhas das outras, analizar e cuetionar todo o que nos somete; iso tamén nolo ensina o feminismo”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s