Ana Pontón: “Haberá papeleta nacionalista nas eleccións galegas”

ap

GALIZA | Foi electa con 87,5% dos votos e tórnase a primeira muller que exerce a Portavocía Nacional do BNG. A Asemblea acordou por ampla maioría manter unha proposta nacionalista nos futuros procesos electorais.

O debate central da XV Asemblea Nacional, o que tiña a ver coa fórmula de concorrencia ás eleccións galegas, foi saldado coa vitoria da tese presentada polo Consello Nacional saínte que defende a necesidade de que o nacionalismo estea presente de forma permanente na sociedade e, por tanto, tamén nos procesos electorais. As catro emendas á totalidade que defendían buscar alianzas con En Marea foron rexeitadas ao obteren porcentaxes de apoio entre 7,4 e 31%.

Rubén Cela foi, xunto con Ana Pontón, o encargado de defender o relatorio no debate asemblear.  Salientou que o nacionalismo continúa sendo necesario para traballar pola soberanía da Galiza e que iso implica a defensa do proxecto nacionalista en todo momento e en todo lugar. “Non se pode ser nacionalista a tempo parcial”, alegou. Pola súa parte, Ana Pontón subliñou que o relanzamento do nacionalismo pasa pola presenza en todos os ámbitos, incluído o electoral dado que “as ideas que non se defenden na sociedade non avanzan”.

Sobre esa mesma idea voltou no discurso de clausura, en que pediu á militancia confianza no proxecto nacionalista e na capacidade da Galiza para se valer por si propia. “Galiza non é un anexo -dixo, en referencia á actuación de En Marea en Madrid- é unha nación e como tal debe actuar, como sempre fixo, fai e fará o BNG”.  Por iso, afirmou Ana Pontón, “haberá papeleta nacionalista nas próximas eleccións”.

Por outra parte, a Asemblea aprobou lanzar o proceso de reflexión, debate e diálogo social que deberá concluír coa refundación do BNG nun prazo non superior a un ano. Pontón resaltou que o compromiso coa refundación é firme e profundo e que busca relanzar o nacionalismo na sociedade.

A candidatura liderada por Ana Pontón obtivo 13 dos 15 postos da Executiva Nacional, en tanto a que encabezou Carlos Branco elixiu 2.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s