Ana Pontón anuncia que aspira a ser a candidata do BNG nas galegas

Pontón2

GALIZA | Nesta segunda feira, a Portavoz Nacional do BNG anunciou que se presenta ás primarias do BNG para a elección da persoa candidata á Presidencia da Xunta. Sexta feira pasada (15) un grupo de 50 militantes da formación nacionalista fixeron público un manifesto de apoio a Ana Pontón.

A Portavoz Nacional do BNG defendeu o proxecto nacionalista como única alternativa de futuro para a Galiza e nese sentido, mostrouse firmemente comprometida con defendelo ‘con ilusión’ na sociedade e nas urnas. Pontón apelou a loitar para resgatar dereitos e derrotar definitivamente o pasado que representa Feijoo. A deputada nacionalista asegurou que a herdanza que deixan as políticas do Partido Popular é máis desemprego e máis desigualdade. “Somos a alternativa a esa Galiza sumisa”, garantiu.

Ana Pontón é a primeira -e até o momento única- persoa que anuncia a intención de concorrer nas primarias. O prazo de presentación de candidaturas finaliza na cuarta feira, día 20. A seguir terán lugar asembleas comarcais por todo o País para realizar as votacións e no sábado, 30 de abril, o BNG proclamará a súa candidatura á Presidencia da Xunta da Galiza.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s