GALIZA | Será neste sábado (14) ás 12 da mañá, cun acto no Parque Anllóns en que intervirán o alcalde da vila, Evencio Ferrero, a Portavoz Nacional, Ana Pontón, e representantes de diversos colectivos sociais.
Nun ambiente xa abertamente pre-electoral, un dos eixos do acto será, sen dúbida, a chamada a confiar nas forzas propias diante da situación de crise política, social e económica do País. Ana Pontón veu destacando nas súas intervencións nas últimas semanas que, no caso de se repetiren as eleccións xerais, o BNG está preparado para recuperar a voz propia e soberana da Galiza no Congreso.
O BNG enfatiza que a Galiza é país “con enormes recursos e capacidades e un pobo de xente traballadora, con talento e saber facer”, ao que só lle falta unha cousa: “facernos valer” é por iso que apela a que en cada un dos grandes temas, e tamén nos procesos electorais, “confiemos en nós e avancemos”.
LER MÁIS na WEB do BNG