CIG denuncia que a pobreza na Galiza ten rostro de muller

16-02-29 RP 8 de marzo.grande

GALIZA | “Inactividade, desemprego, eventualidade, empregos a tempo parcial, fenda salarial, economía somerxida e infrasalarios”. Así resumiu Margarida Corral, Secretaria das Mulleres da CIG, a situación laboral que padecen a maioría das traballadoras galegas. 

A CIG conmemorará este 8 de marzo baixo o lema ‘Precarias’, co obxectivo de denunciar “as infames condicións laborais, salariais e de vida que padecen as traballadoras galegas”. No marco desa campaña Corral presentou o informe sobre ‘Situación Laboral das Mulleres na Galiza en 2015’, elaborado pola central nacionalista.  O Informe salienta que a crise non fixo máis que agravar as xas precarias condicións a que están sometidas, nunha percentaxe moi elevada, as mulleres traballadoras na Galiza.

Segundo explicou a responsábel do Gabinete de Economía da CIG, Natividade López, que compareceu xunto a Corral na rolda de prensa, desde o ano 2009, non só descendeu o número de mulleres polas que se declararon ingresos á Axencia Tributaria (-28.974), senón que tamén descenderon os ingresos das que os perciben.

O Informe destaca que aumentou o número de mulleres pobres en canto diminúen os seus ingresos, que descende a actividade entre as mulleres máis novas e aumenta a percentaxe de contratos temporais e, por tanto, a precariedade.

Para denunciar publicamente esta situación, a CIG convoca concentracións simultáneas nas sete cidades do País ás 12 da mañá de 8 de marzo, nos lugares a seguir:

A CORUÑA: na Praza de Lugo, na esquina do Zara Home

FERROL: diante da Confederación de Empresari@s, no Cantón

SANTIAGO: diante do Zara, na Praza de Galiza

VIGO: diante do Stradivarius, na Avenida de Urzaiz

LUGO: diante da Confederación de Empresari@s, en Santo Domingo

PONTEVEDRA: na Praza 8 de marzo

OURENSE: diante do Gadis da Rúa do Concello

 

LER MÁIS na WEB DA CIG

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s