BNG marca como obxectivo “defender Galiza ante Madrid”

GALIZA | Perante o inicio dun novo curso político e a posibilidade de se repetiren as Eleccións Xerais, a Portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sinalou que é un obxectivo prioritario para a forza nacionalista “defender os intereses de Galiza ante Madrid” ao mesmo tempo que continuar “sumando no BNG cara a un novo proxecto de país para abrir unha nova etapa que deixe atrás un goberno de Feixóo fracasado” que considera un lastre para o País.

EN BNGPontón salientou que estamos nunha Galiza cada vez con menos peso político “cunha crise demográfica galopante, precariedade laboral, crise industrial e servizos públicos deteriorados e privatizados” e acrecentou que se hoxe o noso País está desaparecido do debate do estado “é responsabilidade directa dun Partido Popular, un Partido Socialista e dun Podemos que non defenden os intereses dos galegos e galegas en Madrid porque só están preocupados por defender as decisións das súas direccións madrileñas”.

Para Ana Pontón as conclusións que podemos tirar da situación actual son claras: “os galegos e galegas ou nos facemos valer ou non avanzaremos”. Neste sentido, considerou que se tiver ligar un novo proceso electoral, Galiza tamén terá “unha oportunidade para ter unha voz propia que defenda os nosos intereses e remate coa discriminación e esa voz irá da man do BNG”, recalcou.

Xa na primeira reunión da Executiva Nacional após o período de ferias, realizada no pasado 26 de agosto, a dirección do BNG acordou “impulsar unha ofensiva social e institucional para defender os dereitos de Galiza ante Madrid”.

LER MÁIS na WEB do BNG

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s