Galiza Nova convoca a ‘Ruada pola Independencia’

gnGALIZA | Por segundo ano consecutivo, a organización xuvenil do BNG organizará un percorrido polas rúas de Compostela para reivindicar “a necesidade de independencia para Galiza”. Será no 24 de xullo, ás 7,30 da tarde, con saída de Bonaval.

Previamente, Galiza Nova realizará un acto, que decorrerá no Parque de Bonaval, de homenaxe a Rosalía e Castelao, “dúas figuras principais da nosa nación”. Neste ano a Homenaxe conformará o acto central con que a organización xuvenil nacionalista celebra os seus 30 anos de existencia. Por esa razón, o encontro contará coa presenza da Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón.

Para alén da dirixente nacionalista e do Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, intervirán tamén antigos dirixentes da organización como Xosé Emilio Vicente, Iria Aboi e Alberte Mera.

O encontro contará tamén coas intervencións musicais do grupo de rock galego Nao e do dúo de rapeiros SonDaRúa. Tras as intervencións políticas e musicais será realizada a tradicional entrega floral de tributo a Castelao e Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres.

Máis info na WEB de GALIZA NOVA

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s