Via Galega chama a se mobilizar no Día da Patria

BdPMuralla

GALIZA | A Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais da Galiza anima a pendurar a bandeira galega  de xanelas e varandas, ao tempo que realiza un apelo en prol “da mobilización social arredor do Día da Patria e da reivindicación nacional da Galiza.”

Vía Galega afirma que a Galiza é unha das nacións máis antigas de Europa e que no período contemporáneo foron as mulleres e homes das Irmandades da Fala que abriron unha nova etapa coa I Asemblea Nacionalista realizada en Lugo en 1918, “conformando os piares dun país  de noso, moderno e avanzado. Un país soberano, política e economicamente, cunhas institucións ao servizo dos interese obxectivos e lexítimos das clases populares, da maioría social”.

Lembra tamén a Plataforma que foron as mesmas Irmandades da Fala as que na súa II Asemblea Nacionalista, por volta de 1919, “decidiron en Compostela que cada 25 de xullo fose o ‘Día de Galiza’ ou ‘Día da Patria’”. Vía Galega sinala que o Día da Patria foi celebrado “durante o tempo republicano, tempo no que as clases populares proclamaron o Estado galego de 1931, e ininterrompidamente ao longo do exilio” e posteriormente recuperado polo nacionalismo, en plena ditadura franquista, a partir de 1968.

“Hoxe, como desde o primeiro terzo do s. XX, a sociedade galega celebra esta data reivindicando que Galiza é unha Nación”, conclúe Vía Galega, polo que fai un chamamento a participar dos actos con que se conmemora o Día da Patria Galega.

Máis info na WEB de VÍA GALEGA 

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s