BNG lanza campaña para que Norwegian Air rotule Rosalía como ‘Escritora galega’

ugamqoqpsevhteo-800x450-nopad

CULTURA | Por medio dun Abaixo-asinado en Change.org a formación nacionalista sáuda “con alegría” a iniciativa da compañía norueguesa de colocar a imaxe de Rosalía nun dos seus avións mais solicítalle que considere “modificar o rascuño que publicitou nas súas redes sociais reflectindo Rosalía de Castro, Galician Author, no canto de Spanish Author“.

O BNG considera que a iniciativa “pioneira” da compañía aérea Norwegian Air Shuttle ASA vai permitir visibilizar globalmente a nosa poeta e escritora máis universal, “que reflectiu como ningunha outra a alma do pobo galego”. Mais entende que “en coherencia con toda a obra de Rosalía de Castro, cuxa protagonista é Galiza, a súa fala e a súa xente, así como por respecto ao pobo galego, que ten nesta muller o seu referente cultural e político máis importante” debe figurar como Escritora galega.

Á alegría con que foi recibida a noticia da decisión da Norwegian Air de dedicar un avión á nosa escritora nacional seguiu a preocupación unha vez foi coñecido o deseño inicial co rótulo Spanish Author. De forma inmediata foron numerosas as reaccións nas redes sociais, quer individuais quer colectivas, como a que promoveu Causa Galiza.

O Abaixo-asinado para lograr que a autora que deixou escrito “Pobre Galiza, non debes chamarte nunca española” non apareza na cauda do avión noruegués precisamente como española e si como o que é –galega– alcanzou en poucas horas as 1.000 asinaturas desde que fora lanzado, na sexta feira.

Deixe um comentário