Iria Figueroa (ERGUER): “Saímos de novo á rúa no 16 de febreiro contra a LOMCE”

img_20161124_142007

SOCIAL | A responsábel de organización de ERGUER-Estudantes da Galiza afirma nun artigo de opinión publicado na web corporativa que non serve “o pacto que se está a cociñar entre as forzas políticas españolas, partindo de premisas preestabelecidas pola LOMCE e de novo artellado de costas á comunidade educativa galega”.

Iria Figueroa salienta que frente ás políticas que implica a LOMCE, “á recentralización de competencias, á redución de horas do galego no ensino, á computación da materia de Relixión para a media, ao ensino memorístico e antipedagóxico, ás subvencións a centros privados e aos recortes nos públicos” a aposta de ERGUER é a construción dun modelo educativo “no que o estudantado galego teña voz e no que se analicen as necesidades e problemáticas do noso ensino para darlles resposta”.

Sostén a dirixente estudantil que, após o éxito das mobilizacións anteriores, é fundamental continuar “esta loita pola plena derrogación da LOMCE e por un ensino que non a tome como modelo, e por iso saímos de novo á rúa o 16 de febreiro, contando con todas as problemáticas concretas das distintas comarcas e centros ás que nos fomos achegando neses meses previos de traballo mobilizador”.

Destaca tamén Iria Figueroa a importancia de coordinar as loitas que se están a realizar nas diferentes nacións oprimidas do Estado español. De facto, sinala que a greve do día 16 se enmarca  no febreiro en loita contra a LOMCE, “tres semanas consecutivas de folgas nas nacións oprimidas do Estado español. Á do 16 de febreiro convocada por Erguer, súmanse a convocada polo Sindicato de Estudiants dels Països Catalans para o día 9 e a que terá lugar en Euskal Herria o 23 de febreiro, convocada por Ikasle Abertzaleak”.

Ler íntegro na WEB de ERGUER

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s