Villares apoia entente de En Marea co PP contra os orzamentos do BNG de Pontevedra

cata

GALIZA | A Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, instou Villares e Leiceaga a rectificar o pacto con PP e C’s contra os orzamentos do Goberno Municipal. No entanto Luís Villares, portavoz de En Marea, manifestou nas redes que a actuación da Marea de Pontevedra era “un orgullo”.

Pontón emprazou En Marea e PSOE  a rectificar a “vergoñenta” moción de censura encuberta en Pontevedra ou ben a dar un paso adiante e presentar unha alternativa de goberno ao que lidera Fernández Lores. “Non son capaces de negociar en cidades nas que tiveron acordos, como en Ferrol, ou nas que apoiaron a investidura de gobernos como na Coruña e en Santiago, resulta que cando están na oposición contra o BNG nunha semana son capaces de conformar un orzamento alternativo”, salientou.

mpA Portavoz nacionalista asegurou que é decepcionante ver como PSOE e Marea “se poñen a bailar ao son que toca o PP para destruír os logros do goberno municipal de Pontevedra” e advertiu que, se non houber rectificación, serán cómplices e responsábeis desa ‘Gran coalición’ contra o BNG.

No entanto, non houbo rectificación.   Leiceaga tentou limitar o asunto a unha cuestión “local” en canto Villares foi máis alá no apoio ao acordo de En Marea  con PP, PSOE e C’s contra o Goberno Municipal do BNG manifestando o ‘orgullo’ pola actuación da Marea en Pontevedra.

O BNG está a divulgar o contido das emendas aprobadas pola oposición denunciando que afectan a partidas retiradas que ían destinadas a normalización lingüística, cultura, festas, plan de compostaxe e obras de accesibilidade universal e seguranza viaria. Salienta tamén que implicaría a consolidación de ENCE na Ría ao insistir na aprobación do PXOM para o que a Xunta impón que os terreos de Lourizán sexa industriais.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s